Xogos con piscinas, inchables e espuma fan as delicias dos escolares na Lama

A Lama
02 de agosto 2023

O Concello da Lama organizou a tradicional "Festa infantil", con gran éxito de asistencia, durante a tarde deste mércores dentro da programación do "Verán cultural"

Festa infantil na Lama
Festa infantil na Lama / Concello da Lama

Numerosos pequenos gozaron durante a tarde deste mércores dunha xornada divertida, aproveitando a aparición do sol, na "Festa Infantil", que o Concello da Lama organiza dentro do Verán Cultural.

Na Alameda establecéronse diferentes xogos, algúns deles con piscinas, un touro mecánico e outros elementos inchables. 

Ademais, os escolares tiveron a oportunidade de gozar da festa da espuma, lanzada desde un canón.

O alcalde David Carrera achegábase ata a zona para comprobar a gran asistencia de público a esta divertida actividade infantil.