Continúa un paciente covid en Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, unha persoa permanece ingresada no Hospital do Salnés e 18 están en planta de Montecelo, un menos que o luns.
Nas últimas horas detectáronse 9 casos novos confirmados nas 250 probas PCR realizadas.
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta con 218 casos covid, un máis que o luns. Destes pacientes, 198 recupéranse nas súas vivendas. Nas últimas horas falecía un home de 76 anos, que presentaba enfermidades previas, no Hospital Montecelo, elevando o número de vítimas da pandemia nestes hospitais da zona a 162 persoas. Curáronse 12.371 pacientes desde o inicio do plan de continxencia, 14 máis na última xornada.
Na cidade de Pontevedra o número de casos con covid sitúase en 51 pacientes, dous máis na última xornada. A incidencia acumulada na cidade de Pontevedra a 7 días é de 27,38 por 100.000 habitantes, mentres que a cifra a 14 días sitúase en 53,57.
DATOS EN GALICIA
Nas últimas 24 horas detectáronse 107 casos novos na comunidade autónoma, 26 menos que durante a xornada do luns. Na última semana, o número de novos positivos sitúase en 924 persoas.
Dúas persoas faleceron durante as últimas horas por coronavirus, unha delas no Hospital Montecelo e o número de decesos en Galicia ascende a 2.336 desde o inicio da pandemia.
O número de casos activos este martes atópase en 2.307 persoas, 20 positivos menos que na xornada anterior. 207 mantéñense nas plantas de hospitais de Galicia, un máis que o luns e 26 atópanse en Unidades de Coidados Críticos, un menos que o día 29.
Comeza a ser preocupante a situación na área sanitaria de Vigo onde se rexistran 589 casos activos, 15 máis nas últimas horas, que levou ao alcalde Abel Caballero a demandar a la cidadanía o cumprimento das normas sanitarias.
112.233 persoas curáronse da enfermidade en Galicia durante o último ano, 125 deles nas últimas horas. A incidencia acumulada durante os últimos 7 días na comunidade se sitúa en 34,24 (+0,6), mentres que a 14 días se establece en 69,19 (-0,6).