Xornada de portas abertas nos Bombeiros para colaborar con Redeaxuda

Pontevedra
15 de decembro 2014

O Parque de Bombeiros de Pontevedra organiza o vindeiro 27 de decembro unha xornada de portas abertas, de 10 a 15 horas, en colaboración con Redeaxuda para a recollida de xoguetes e alimentos na campaña de Nadal

Os Bombeiros colaboran coa Redeaxuda
Os Bombeiros colaboran coa Redeaxuda

O Parque de Bombeiros de Pontevedra organiza o vindeiro 27 de decembro unha xornada de portas abertas, de 10 a 15 horas, en colaboración con Redeaxuda para a recollida de xoguetes e alimentos na campaña de Nadal.

Na campaña os Bombeiros e Redeaxuda solicitan xoguetes, alimentos vinculados coa alimentación infantil ou cueiros tallas 3, 4 ou 5.

As persoas que queiran participar poderán acceder pola explanada do parque de Bombeiros.

BUZÿN DOS REIS MAGOS

Ademais, desde este luns, día 15 de decembro e ata o día 5 de xaneiro, os nenos que o desexen poderán depositar as súas cartas para os Reis Magos no buzón especial que Correos instalou na súa oficina principal de Pontevedra, na Rúa Oliva.

Ademais de fomentar o espírito navideño, esta iniciativa da empresa postal ten como obxectivo incentivar a práctica da escritura dos máis pequenos da casa.

Por outra banda, na presente edición, o equipo de voluntarios de "Correos Solidariedade" ten previsto achegarse a distintos hospitais a recoller as cartas de mans dos nenos ingresados e que non poden desprazarse ata un buzón.