Xornada para analizar os efectos dos incendios forestais e do cambio climático nos montes veciñais

Pontevedra
25 de xullo 2017

O vindeiro sábado 29 de xullo, en sesión de 10.00 a 13.00 horas no local social da Comunidade de Montes de Marcón (Pontevedra), Iniciativa Comunales desenvolverá unha xornada de divulgación e debate sobre os montes veciñais

Montes queimados en Cotobade despois dos incendios de agosto Cristina Saiz

Este sabado 29, desde as 10.00 ás 13.00 horas, o local social da Comunidade de Montes da parroquia pontevedresa de Marcón acollerá unha xornada de divulgación e debate organizada por Iniciativa Comunais baixo o título de "Montes veciñais, cambio climático e incendios forestais".

Os expertos queren analizar se o incendio de Portugal deste ano está relacionado cunha deficiente xestión forestal das plantacións de eucalipto e de piñeiro martímo, do incumprimento da lexislación e do cambio climático que produce temperaturas elevadas e sequedad no chan e na vexetación. 

Desde Iniciativa Comunais indícase que as comunidades de montes non variaron as formas de executar os traballos forestais, as plantacións e repoboacións a pesar do cambio climático. Os especialistas señalana que é necesario seleccionar as especies forestais e o model que se quere establecer, ademais das infraestruturas para facer fronte aos incendios.

Numerosos especialistas reflexionarán este sábado sobre as precaucións que se deben adoptar nos montes veciñais en man común para evitar que se produzan grandes desastres.

Os interesados en asistir poden inscribirse clicando neste enlace