Xornadas de portas abertas para gozar en maio da musealización do castelo de Soutomaior

Pontevedra
02 de maio 2018

"Antes tiñamos unha xoia escondida nun xoieiro e agora puxémola á vista, para que toda a cidadanía poida gozar dela", dixo este mércores a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, nunha visita a nova musealización do castelo de Soutomaior

Visita á musealización do Castelo de Soutomaior
Visita á musealización do Castelo de Soutomaior / Deputación de Pontevedra

"Antes tiñamos unha xoia escondida nun xoieiro e agora puxémola á vista, para que toda a cidadanía poida gozar dela", dixo este mércores a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, nunha visita á nova musealización do castelo de Soutomaior.

A presidenta, xunto ao deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, e á deputada da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Eva Vilaverde, acompañados de xornalistas e turoperadores da provincia coñeceron o resultados das actuacións levadas a cabo no castelo nos últimos meses.

Silva anunciou xornadas de portas abertas para desfrutar durante este mes da actuación realizada, amosouse emocionada polo resultado e por "sacar ao castelo dun uso partidario para convertelo no símbolo do turismo na provincia".

A musealización do castelo de Soutomaior será inaugurada o 11 de maio.

O público poderá ver caixas máxicas, vídeos divertidos e amenos, un mapping sorprendente, elementos interactivos, paneis ilustrativos e informativos.

Este mesmo mes de maio sairán xa á venda as entradas para o castelo e haberá entradas gratuítas ou con importantes descontos para persoas maiores, desempregadas, estudantes ou persoas con diversidade funcional.

O goberno provincial leva investidos no castelo de Soutomaior máis de dous millóns de euros, que chegarán a catro millóns cando remate o mandato.