Xosé Fuentes Alende gaña o premio de investigación Olimpio Arca

Umia
01 de novembro 2017

Un traballo sobre os exvotos na relixiosidade popular galega foi elixido por unanimidade como o gañador da primeira edición do premio de investigación Olimpio Arca, convocado polo Concello de Cuntis. O gañador, Xosé Fuentes Alende, é natural de Cuntis, que recibirá un premio de 1.500 euros

Concello de Cuntis
Concello de Cuntis / Mónica Patxot

Un traballo sobre os exvotos na relixiosidade popular galega foi elixido por unanimidade como o gañador da primeira edición do premio de investigación Olimpio Arca, convocado polo Concello de Cuntis.

O gañador, Xosé Fuentes Alende, é natural de Cuntis, que recibirá un premio de 1.500 euros.

O xurado do premio destaca que se trata dun traballo que significa unha grande achega ás temáticas de estudo dentro do ámbito galego e que ademais conta cunha maior proxección a nivel español e internacional.

Ademais, celebran que é unha investigación novidosa dentro do ámbito de estudo, é rigoroso, está escrito dun xeito impecable, o que facilita o acceso a diferentes planos de lectores, e que se trata dunha temática de actualidade.

A Concellería de Cultura de Cuntis traballa xa para iniciar os contactos para a súa publicación.

A entrega do premio terá lugar nun acto solemne o sábado 18 de novembro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres.