Xunta e Concello executan a mellora do camiño da Conla, en Campo Lameiro

Umia
02 de xuño 2021

A Xunta leva investidos máis de 460.000 euros no municipio en proxectos destinados a mellorar as infraestruturas e servizos municipais, así como outras actuacións de saneamento

Xunta e Concello executan melloras no camiño da Conla, en Campo Lameiro
Xunta e Concello executan melloras no camiño da Conla, en Campo Lameiro / Xunta de Galicia

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou este mércores, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, as obras levadas a cabo no camiño da Conla, en Campo Lameiro, que contou cunha axuda do goberno galego de 28.000 euros.

Segun indicou a directora, o Concello de Campo Lameiro solicitou ao amparo da Orde de Infraestruturas de uso público 2020 unha axuda para mellorar o firme deste camiño rural, o que contribuirá a aumentar a súa comodidade e seguridade viaria. A Xunta colabora así na mellora das infraestruturas e servizos municipais do Concello para contribuír ao benestar e á calidade de vida dos cidadáns.

Prieto incidiu en que esta actuación é un dos moitos exemplos de colaboración entre ambas as administracións. O goberno galego ten investido nos últimos anos mais de 460.000 euros a través desta Orde de Infraestruturas de uso público como do Fondo de Compensación Ambiental neste municipio.

En canto á Orde de Infraestruturas de Uso Público, a Xunta destina 4 millóns de euros desta liña de axudas aos concellos galegos para crear ou mellorar infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. Ademais, no marco do Fondo de Compensación Ambiental, que na convocatoria deste ano o goberno galego inviste 11 millóns de euros, colabora con Campo Lameiro con diversas obras de saneamento.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora