As negociacións para formar goberno no Concello de Barro preséntanse complicadas para Xosé Manuel Fernández Abraldes candidato do BNG que aspira a revalidar a Alcaldía e "que goberne a lista máis votada".
Aínda que a do Bloque foi a lista que obtivo maior número de votos, conseguindo cinco concellerías, os nacionalistas deberán contar co apoio do PSOE, que creceu en representación pasando dun a tres edís, razón pola que o líder socialista José Sanmartín proponse ser o próximo alcalde, tal e como trasladou a executiva local.
O Partido Popular tan só conseguiu un concelleiro mentres que o partido independente Xuntos por Barro, logrou dúas actas que agora quere facer valer nesta negociación para formar goberno.
Esta formación, escindida do Partido Popular, está liderada por José Antonio Landín Eirín, de 74 anos, que foi alcalde de Barro co PP durante 32 anos, soamente interrompidos pola súa inhabilitación, cando exerceu de alcaldesa a súa muller.
Landín mostrouse aberto a negociar cos socialistas cos que "coincidimos en varios puntos" rexeitando rotundamente falar co BNG, aínda que nestas cábalas lembra que tamén é necesario contar co voto do PP para decantar a investidura.
Fuentes socialistas rexeitan que se vaia a pactar co dereita pero expoñen a posibilidade de que José Sanmartín presente a súa candidatura igualmente por se os outros grupos apóianlle.
"Por todo elo, nin mouchos, nin miedicas, nin marca blanca de ninguén", responden desde a agrupación socialista de Barro aos piques lanzados por Landín.
"Os socialistas de Barro lamentamos que o BNG non teña feitos os deberes, que a unha semana dun claro e contundente resultado electoral non nos teña chamado para negociar, para visibilizar a vontade do pobo e continúen celebrando un éxito que nin tiveron, nin van ter", remata o comunicado do PSOE.