ÿxito de participación na Kdd Solo Vag Galicia

Ponte Caldelas
29 de setembro 2014

Os automóbiles participantes nesta iniciativa abarrotaron por completo a zona de estacionamento reservado en Chan da Barcia

Novena KDD solo vag Galicia
Novena KDD solo vag Galicia / Concello de Ponte Caldelas

A "9a KDD solo vag Galicia" resultou un éxito de participación segundo os organizadores xa que os automóbiles participantes ocuparon por completo a explanada reservada como zona de estacionamento en Chan da Barcia para os asistentes a esta iniciativa.

O público puido contemplar os vehículos participantes que permaneceron durante varias horas nas inmediacións do campo de fútbol de Ponte Caldelas.

Ademais houbo unha comida de confraternidade, que tivo lugar na Churrasquería A Fonte para logo, participar no sorteo de regalos e entrega de trofeos.

Pola tarde, os vehículos emprenderon a marcha cara a Augasantas onde permaneceron por espazo dunha hora para regresar, de novo, a Chan da Barcia. Despois tomaron uns pinchos no Pub Pit Line onde permaneceron ata celebrar unha festa particular reservada aos participantes nesta cita.