Ponte en el mapa #9: Bolseiros BEME

Ponte en el mapa #9: Bolseiros BEME

Mar | 20:00 | 20:08

Edición con testemuños dos beneficiarios das Bolsas Excelencia Mocidade no Exterior que ofrece a Xunta a través da Secretaría Xeral de Emigración. Unha iniciativa que permite a mozos galegos, de nacemento ou descendencia directa, residentes no exterior, con currículos brillantes e ata 39 anos de idade, realizar un máster nalgunhas das universidades galegas e iniciar a súa incorporación laboral ou emprendedora nesta Comunidade. 

podcast recolle a experiencia de Javier Caparele Rodríguez, que retorna de Arxentina, Mariela Caro García, tamén procede da capital arxentina e Cristina González Prieto que deixa Cuba. Pontevedra é a cidade onde iniciar un novo proxecto vital coa súa parella, que xa ten emprego aquí.

Ponte en el mapa

Poñemos voz a pontevedreses que vivan fora de Galicia. Queremos saber como che vai a vida.

Fechar