Ponte en el mapa #8: Jesús Arenas

Ponte en el mapa #8: Jesús Arenas

Ven | 20:00 | 20:35

Jesús Arenas Busto é doutor en Bioloxía e especialista en bioloxía molecular pola Universidade de Santiago. Este vilagarcián emigrou en 2006 a Holanda e no 2019 cumpre o seu desexo de regresar a España. A oportunidade xurdiu na Universidade de Zaragoza, onde traballa actualmente. 

O seu currículo é abafador: motivo de múltiples publicacións científicas, novos tratamentos en humanos contra a meninxite ou a  gonorrea;  descubir os xenes que orixinan a meninxite no gando porcino ou a consecunción da patente dunha nova vacina contra a  tosferina. Actualmente está a traballar nun "amplo abanico" de proxectos que poden conlevar importantes resultados tanto para a poboación humana como animal.

Ponte en el mapa

Poñemos voz a pontevedreses que vivan fora de Galicia. Queremos saber como che vai a vida.

RADIO.- De Holanda a Zaragoza co biólogo arousán Jesús Arenas

Por |

Jesús Arenas Busto é doutor en Bioloxía. Emigrou a Holanda en 2006 e en 2019 regresou a España. O currículo deste vilagarcián inclúe a consecución da patente dunha vacina contra a tosferina. Pon nome a esta edición de 'Ponte en el mapa' en PontevedraViva Radio

Fechar