
Ponte en el mapa #11: Hernán Fariñas Vales
Ven | 20:00 | 20:14
O pontevedrés Hernán Fariñas Vales leva casi unha década residindo no Reino Unido; primeiro en Londres e desde finais do ano pasado en Brighton. Deixaba a cidade do Lérez pouco despois de rematar Publicidade na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Neste podcast, fala da súa experiencia naquel país e da súa faceta como escritor xa que acaba de publicar 'Exigimos al autor que se presente'. Un libro onde, salvo o romántico, destapa todo un crisol de xéneros que adereza cun particular estilo directo, sen aderezos.