Mentres isto dure #48: O Betadine non protexe da covid-19

Mentres isto dure #48: O Betadine non protexe da covid-19

Xov | 17:00 | 17:14

Povidona yodada, comercialmente coñecida como Betadine é un antiséptico que se utiliza para destruír xermes que poden causar infeccións. O seu uso é externo, en queimaduras, pequenas feridas, rozaduras ou cortes superficiais. Esta semana, a través das redes sociais, movementos negacionistas promovían o uso deste medicamento como protección ante a covid-19.

Adrián Acuña Ferradanes, vogal de Oficina de Farmacia na junta de goberno do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra, advirte dos graves riscos do uso da povidona yodada vía oral ou nasal; así como doutros ' pseudo remedios' que se ofrecen contra o coronavirus. 

Mentres isto dure

A covid-19 colocounos nunha nova realidade. Mentres isto dure, así nos cambia a vida.

 

RADIO.- Non, o Betadine non é un protector ante a covid

Por |

Esta semana, a través de redes sociais difundiuse unha perigosa recomendación que avoga por usar ese medicamento para protexerse ante a covid-19. Falamos en PontevedraViva Radio con Adrián Acuña, vogal do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra

Fechar