Representantes sindicais piden ao conselleiro de Sanidade que medie no conflito coa xerencia da área sanitaria
Por Redacción
Representantes sindicais da comisión de centro e da xunta de persoal da área sanitaria de Pontevedra presentáronse este mércores en Campo Lameiro para protestar durante a visita que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, realizaba ao centro de saúde.
Alí, os representantes dos traballadores trasladaron ao máximo mandatario da sanidade pública en Galicia o bloqueo que a xerencia da área está a exercer ao non facilitar información sobre falta de pagamento de quendas, cambio de horarios e outras incidencias en relación con mobilidade interna, salarios ou días de vacacións que se rexistran nos centros de Atención Primaria e nos hospitais públicos de Pontevedra.
Emma Rodríguez e Cándido Sartier pediron a García Comesaña a súa mediación coa xerencia que lidera José Ramón Gómez para tentar retomar o diálogo entre as partes. Os sindicatos presentaron esta semana unha solicitude ante a Consellería de Sanidade para que se estableza unha reunión coa xerencia e coa dirección de Recursos Humanos para buscar unha solución a este conflito laboral.
O conselleiro mostrouse disposto a mediar e sinalou que se traballará para retomar ese diálogo entre a parte sindical e a dirección da área.
Os sindicatos convocaron unha nova protesta para este venres entre as 11.00 e as 12.00 horas na entrada do Hospital Montecelo reclamando á xerencia negociación sindical nas decisións laborais que se adoptan.
Relacionadas:
-
Os sindicatos da área sanitaria 'rompen' co actual equipo directivo tras dous anos "insoportables"
Por Redacción |
-
O Sergas asegura que o centro de saúde da Parda resolve o 99% das chamadas perdidas no mesmo día
Por Oskar Viéitez |
-
Montecelo acolle unha nova protesta de representantes sindicais contra a xerencia da área sanitaria
Por Redacción |
-
Protesta para denunciar o bloqueo que exerce a xerencia da área sanitaria sobre os representantes sindicais
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Representantes sindicais plantan á xerencia da área sanitaria por falta de información sobre impagos ao persoal
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Carbón para a Xerencia da área sanitaria, petición do persoal dos PAC aos Reis Magos
Por Redacción |