Carne Cruda #186
Mar | 12:00 | 13:25
Abrimos a semana cun programa especial adicado ao fotoperiodismo. Pero antes coñeceremos máis información sobre a filtración de documentos á que tivo acceso eldiario.es, A Marea e Diagonal. Unha gran exclusiva que afecta a empresarios, grandes fortunas e familias poderosas en España. Trátase de máis de 38.000 documentos, 15GB de información, que afectan directamente a grandes fortunas, funcionarios públicos e empresas. Todos españois.
De xornalismo e investigación seguiremos falando cos profesionais que contan o mundo a través da imaxe, imaxes sen as cales non coñeceriamos o éxodo de refuxiados que sacudiu Europa como vemos na exposición Sen Filtros, onde participan fotoperiodistas como Olmo Calvo, gañador de varios premios internacionais que leva meses seguindo a crise dos refuxiados ou Santi Palacios, Premio Nacional de Fotoperiodismo 2015. Tamén percorreu os camiños do éxodo desde Sudán, Anna Surinyach para Médicos Sen Fronteiras e a revista 5W. Contaremos ademais con Gervasio Sánchez, veterano que cubriu a Guerra do Golfo ou a de Bosnia. Conversamos con Raúl Capín fotógrafo que segue as manifestacións no noso país e foi condenado a pagar 1.260 euros por "obstaculizar o labor policial".