#281
Mar | 10:00 | 11:11
Entrevistamos o humorista Miguel Lago que presenta Gamberro y caballero, un libro no que amosa as súas reflexións máis cínicas facendo uso da súa arma infalible, esa mestura de ironía e malo leite, vandalismo e cabalerosidade, retranca galega e formalismo de gravata. Ao longo de máis de trinta capítulos, Lago dá renda solta ás súas opinións e regálanos as súas ideas ao redor das situacións máis cotiás: "as extraescolares e outras formas de morrer do noxo", "a arte de librarche de compromisos utilizando WhatsApp", "as críticas mellor por detrás"...
O menú do programa complétase co Debatuiter, a análise da realidade máis acedo, irónico e afiado en 140 caracteres.