Carne Cruda #166
Mér | 12:00 | 13:20
Entrevistamos a Isaac Rosa, xornalista e escritor autor do libro Aquí vivió, novela gráfica, debuxada por Cristina Bueno, dedicada aos desafiuzamentos, coa intención de visibilizar e reinvindicar a memoria dos protagonistas anónimos que son expulsados dos seus fogares.
Ademais contamos co avogado de Legal Sol Eric Sanz de Bremond, experto na defensa dos afectados polos desafiuzamentos e con María, afectada por un desafiuzamento.
Tamén poderemos gozar da entrevista acústica con Chencho Fernández, músico sevillano que conxuga as mellores tradicións do rock urbano co aroma do rock andaluz. Preséntanos o seu último disco Dadá estuvo aquí. Temos un VÍDEO interpretando unha das súas cancións.