Carne Cruda #226
Mar | 10:00 | 11:09
A carnicería volve á carga esta vez para falar de ciencia da man do divulgador Antonio Martínez Ron que nos presenta o seu último libro El ojo desnudo. Unha crónica da fascinante viaxe para superar os límites do que sabemos, ter algunha idea do que aínda nos queda por coñecer e converternos na especie que todo o ve. Unha viaxe para ir máis aló do aparentemente visible aos nosos ollos.
Ademais contamos cun novo episodio de IBEXtigo, a sección en colaboración con La Marea na que debullamos as relacións de Felipe González con múltiples empresas privadas e as portas giratorias.
Ao fío da corrupción política Stéphane M. Grueso (@fanetin) tráenos "El Caso Aislado de la Semana", o noso serial sobre políticos que dedican o seu tempo non só á cuestión pública.