A Garda Civil puxo preto de 50 denuncias este fin de semana en Combarro
Por Redacción
Dúas persoas detidas/investigadas penalmente e preto de 50 denuncias por distintas infraccións administrativas, así como outras 10 infraccións de seguridade viaria, é o balance provisional das actuacións desenvolvidas pola Garda Civil, coa colaboración da Policía Local de Poio, con motivo do pasado festival Armadiña Rock de Combarro.
No amplo dispositivo de seguridade cidadá deseñado para achegar maior presenza policial e evitar calquera incidente que puidese xurdir, participaron preto dun centenar de efectivos policiais ao longo dos 3 días que durou o evento. No operativo, ademais da Policía Local de Poio, integráronse diversas patrullas d Seguridade Cidadá da Garda Civil pertencentes ao Posto Exterior de Pontevedra, que contaron co apoio da Patrulla Fiscal, a USECIC, o Servizo Cinológico e o Subsector de Tráfico.
Formuláronse 46 denuncias administrativas por distintos conceptos. A maior parte delas, 43 en concreto, foron por tenencia e consumo de estupefacientes na vía pública, 2 por desobediencia e falta de respecto aos axentes da autoridade, e 1 por actos de exhibición obscena na vía pública. En todos os casos a resolución dos expedientes sancionadores é competencia da Subdelegación do Goberno.
No ámbito penal instruíronse 2 dilixencias, unha por lesións leves e outra por tentativa de agresión sexual, cun investigado e un detido respectivamente.
O balance das actuacións péchase coa identificación de máis de 350 persoas como consecuencia das accións preventivas e realizáronse algo mais dun centenar de distintos auxilios e axudas prestadas ás persoas que o demandaron.
Relacionadas:
-
O concelleiro de Turismo de Poio anima os veciños de Combarro a crear "leira-parks" durante a Festa do Mar
Por Anxo Lourido |
-
Poio concentrarase en repulsa polo intento de agresión sexual do Armadiña e contra todas as violencias machistas
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Un detido por intento de agresión sexual a unha moza na zona de acampada do Armadiña Rock
Por Natalia Puga |
-
Combarro rockea sen descanso na segunda noite de concertos do festival Armadiña
Por Redacción & Diego Torrado |
-
The Lákazans, Ses, La Pegatina e Skándalo GZ reúnen 10.000 persoas en Combarro
Por Diego Torrado & Redacción |