A Lagoa de Ventoxo e o Lérez

01 de diciembre 2025

O caso foi que se fixeron analíticas e as augas da poza de Ventoxo pese a ese seu encanto paradisíaco azul-turquesa que promovía a Xunta tinhan un PH moi alto e eran pródigas en metais pesados

Entre sorprendido e divertido leo o artigo do profesor Calros Solla, no que dá conta do avistamento de Messi, o monstro da lagoa de Ventoxo (Forcarei), que non o célebre futbolista do Barcelona CF (un e outro son dous fenómenos pero de distinta índole)

Sempre é un pracer ler o erudito verbo de Solla en calquera dos seus trabalhos, onde non deixa de deitar unha sutil pinga do máis emxebre e retranqueiro humor.

O caso foi que o davandito artigo tróuxome á memoria o da seca de agosto de 2023 que facía perigar o abastecemento de auga doce de Pontevdra, Marín e Bueu pola banda sur da ría e Poio e Sanxenxo pola norte. Ence nin se menta malia trgar 0’6 m/3 segundo cando antes consumía 1’5 m/3 s. Onde metían a diferencia ? O malo é que isto repétese todos os anos e, de momento, vainos salvando a chegada da chuvia.

Ante este problema, unha cacheira pensante da Xunta contemplou a posibilidade de trasvasar auga dunha poza abandoada en Ventoxo, concelho de Forcarei.

Ben; o caso foi que se fixeron analíticas e as augas da poza de Ventoxo pese a ese seu encanto paradisíaco azul-turquesa que promovía a Xunta (con cartel e todo, oia) tinhan un PH moi alto e eran pródigas en metais pesados tales como níquel, selenio, mercurio, chumbo, arsénico, cadmio e case toda a táboa periódica. Total; que a mesma cacheira pensante que tivera a brilhante idea, tivo que desbotala e deixala en "paraíso proíbido". Eu, na minha ignorancia, coido que antes de malgastar en drons e analíticas, abondaba co saber popular: "Auga corrente non mata a xente, auga parada está envelenada" . Non falha.

Cústame crer que un cefalópodo mariño tenha sobrevivido e medrado na mortífera poza. Máis ben me parece que sexa un inxenio mecánico creado por SPECTRA para escorrentar ós curiosos e protexer a base subacuática que ten esta organización criminal no fondo da poza de Ventoxo con mísiles balísticos de longo alcance…ou melhor; o sinistro plan de envelenar a ría de Pontevedra vertendo no río Lérez as augas contaminadas da poza de Ventoxo (aínda que os da ría levamos case 70 anos entrenando) Esperemos que 007 lhe escaralhe o invento.

Coido que Chano Piñeiro, o xenial cineasta forcaricense, se vivise, podería armar unha peli ben chula co tema este da poza.hg

Añadir Pontevedra Viva como fuente preferida de Google de forma gratuita

Mantente informado con las últimas noticias de actualidad.

Activar ahora