Pero...Que lhe debemos ós USA?

21 de marzo 2026

Centos de veces me tenho preguntado que caralho lhe debemos nós ós gringos para que Trump diga, por activa e por pasiva que a “velha Europa” é unha explotadora oportunista, que grazas ós aliados (ou liantes?) disfruta hoxe dun alto nivel de vida e unha democracia en liberdade, que somos uns aproveitados e bla, bla, blá….E á Unión soviética cos seus vinte milhóns de mortos -que se di moi pronto- non lhe debemos nada…? Pero vaiamos co trompicalho; vale que Europa che deba moito pero…e España ?, que che debe España ? O leite en pó que nos daban na escola ? -o pó, porque a auga iámola buscar nós á fonte. O paquete de Pall-mall que nos lanzaban á repanhota no peirao de Marín mentres os “Popeyes” nos gravaban cos tomavistas? Ou aturalos peneques no trole entre Pontevedra e Marín ? O famoso “Plan Marshall” que non cheiramos nin na xenial película de Berlanga?

E así, cando as forzas aliadas “liberaban” Franza, -mentras De Gaulle, o gran demagogo, negaba toda participación da resistencia e os republicanos espanhois da Lexión Estranxeira, mentres o non menos demagogo Churchill botaba bólas fóra culpando ós espanhois da súa mala fada e mentres os “aliados” liberaban a Italia e penduradan a Mossolini, deixaban a Franco engordando en España represaliando e matando espanhois ata o derradeiro día da súa vida. Polo tanto…que lhes debemos nós ós Usa ?

Levo toda a vida querendo saber canto pagaron, e a quen, os ianquis polas bases ? Canto pagaron ás vítimas da radiactividade en Palomares ? Canto pagaron pola rotura dos seus aparelhos de pesca a “Paco el de la bomba ? Isto último si seino: NADA.

Mr. Trampa; pode que vostede adoeza de ignorancia ou de lagoas neuronais motivadas pola idade pero os espanhois, sexa polo noso ADN , o vinho ou a dieta mediterránea, témoslhe a memoria ben fresca e non se nos poden meter dobradas. Outra cousa é que fagamos así coma quen.

É unha mágoa que xa non tenhamos connosco a Silvent (Barrigaverde). Imaxino ós dous títeres, o sionista mailo seu criado o ianqui repartindo estacazos á tórta e á dereita.