LA CORUÑA; “De siti güer noubadi is forguein”

19 de marzo 2026
Actualizada: 9:06

Hai outra que a case ninguén lhe acorda: hai unha guerra e as consecuencias xa están aqui. Coido que non é momento de despilfarrar en monumentos faraónicos. É tempo de prever, de aforrar. Quen sabe o que imos precisar. Alguén está disposto a comer céspede e formigón ?

Así falaba o ínclito Paco Vázquez nun inglés estrafalario aprendido á présa en casete de gasolineira. Estas palabras, en galaico, venhen a ser “ A Coruña; a cidade onde ninguén é foráneo “.

Eu tenho por certas estas palabras pois síntome ben acolhido na fermosísima urbe, mesmo desconhecer boa parte dela pero “tamosh tabahando nellou”, que diría o inefable cabo Pirigil. Pero…a que vén todo isto ?…

Pois resultou que, arestora, vexo, leo e escoito unha infernal barafunda que se dá cara o norte e cara o sul de Galiza -nas cidades da Coruña e Vigo- motivada pola negativa da Coruña a ser sé dos vindeiros mundiais de fútbol antepondo unha xeira de prioridades no eido deportivo e social da cidade.

As forzas vivas (léase hinchada), no caso da Coruña, ameazan con papearse á alcaldesa por antepor certas necesidades no canto de erguer un faraónico super-estadio que “poña á Coruña no mapa”, din algúns.

As forzas vivas da banda do sur (léase hinchada) reclaman, con Caballero á cabeza, seren sé do mundial pois meréceno ben; por seren industriosos, cosmopolitas e estaren próximos a Portugal. Din que xa tenhen Balaídos case a punto (suponho que lhe porán moitas luces…)

E, no medio dos Rey e os Caballero, igual que Clint Eastwood en “Por unha presa de dólares”, atópase o Rueda dicindo “ que mágoa, que mágoa! non queren Altri e tampouco o macro- estadio”. Acouga Fonsi; ti xa fas deporte abondo, por certo…a que hora chegas ti ó choio despois de corricar por media Pontevedra tódolos días ?

Coido que os de Vigo levan razón. Se queren ser sé, pois que sexan. Non penso perderme nin por nada a inauguración da cousa a cargo de Caballero bailando o break-dance

A Coruña ten que remozar Riazor pero non amplialo, pois atópase inmerso no urbano e a súa ampliación, amais de costosa, suporía a supresión de medio barrio con varias instalacións de hostelería e lecer (pavilhón e piscinas municipais etc.).

E cando pasen os mundiais ?…Pasa o día e pasou a romaría. Volta ás mesmas. Para unha equipa de segunda, e mesmo de primeira, sobra Riazor. Ter tenhen unha equipa de primeira - o Deportivo Abanca feminino- pero non van a velo. O derradeiro partido contra o Barça tiven que velo en Tv3, porque a Tvg non se entera.

Cómpre apoiar o deporte de base. Na Coruña hai miles de nenos e nenas que fan deporte que teñen que xogar nos campos da Torre que chova, que vente ou que neve, contra vento e marea, e nunca melhor dito. Os cartos do macro-estadio hai ben onde metelos. Na canteira está o futuro do fútbol.

Hai outra que a case ninguén lhe acorda: hai unha guerra e as consecuencias xa están aqui. Coido que non é momento de despilfarrar en monumentos faraónicos. É tempo de prever, de aforrar. Quen sabe o que imos precisar. Alguén está disposto a comer céspede e formigón ?