Suicidio, acto de enaxenación ou de cordura?

14 de mayo 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Semella que o sucidio é un feito asumido pola intelectualidade a pesares do repudio que tal feito ten. Lembremos que Xudas non se condenou por ter entregado a Xesús, senón por suicidarse. As cifras sobre o suicidio en España son alarmantes a pesares de que os medios de comunicación, opten por silenciar e minimizar estas cifras

O escritor vienés Stefan Zweig (1881-1942) se poría unha garabata oscura e a anudaría de xeito perfecto no seu pescozo o 22 de febrero do 1942 en Petrópolis (Brasil), tumbaríase no leito xunta o súa esposa Lotte, e ambos inxerirían veleno. Xunta a eles deixaría unha carta de despedida: "Saúdo a tódolos meus amigos. Ogallá podan velo amencer despois desta longa noite. Eu, demasiado impacente, voume antes daquí". Europa estaba sufrindo a barbarie nazi e para o intelectual, e xudeu, Stefan Zweig, aquilo era o aniquilamento de Europa e do pensamento crítico, algo que non poido aturar.

Stephan Zweig non era o primeiro intelectual xudeu centroeuropeu en suicidarse, antes o tería feito o tamén vienés Otto Weininger, que publicara no 1903 o libro Sexo e carácter, de certo éxito, onde aplicaba o concepto de "bisexualidade constitucional" insinuada polo rinólogo berlinés Wilhelm Fliess para quen a loita interna entre os dous sexos sería a orixe das neuroses, xa que habería unha bisexualidade primoridal no individuo. Wilhelm Fliess mantería unha amizade moi profunda con Sigmund Freud ate a súa ruptura con el no ano 1900, de feito que Sigmund Freud o tería entre un dos seus confidentes, mostrando os seus avances na psicoanálise nas súas epístolas con Wilhelm Fliess con anterioridade que nos propios artigos científicos. De feito, en España, esta correspondencia (a de Freud con Fliess, xa que a de Fliess con Freud non se conserva) publicouse baixo o nome de As orixes da psicoanálise, unha leitura que recomenda vivamente. O intermediario entre Otto Weininger e os estudios de Wilhelm Fliess, fora o filósofo vienés Herman Swoboda, a quen o propio Sigmund Freud explicara o significado da bisexualidade no curso do seu tratamento por unha neurose.

Tempo despois de Stephan Sweig, o tamén intelectual xudeu e centroeuropeu, neste caso húngaro, Arthur Koestler (1905-1983), tamén buscaría o autopista máis directa cara a Parca lonxe da súa patría, Sweig o fixera en Brasil, e Koestler faríano en Inglaterra. Facéndoo, como o fixera Sweig, xunta a súa esposa, Cynthia . Arthur Koestler estivera en España entre o 1936 e o 1937 en calidade de xornalista para recoller evidencias sobre a axuda ó bando "nacional". Arthur Koestler pasara dende o sionismo da xuventude a defender a orixe jázara, ou sexa non israelita, dos xudeus askenazíes en A decimoterceira tribu escrito en 1976. No ano 2003 tivera o pracer de lela novela histórica de Koestler Espartaco: os gladiadores, escrita no 1940, totalmente recomendable. Antes de suicidarse na tarde do 1 de marzo do 1983 por unha sobredose de tuinal tomado con alcohol, Arthur Koestler fora vicepresidente da "Sociedade Voluntaria da Eutanasia" e escribira un folleto arredor do suicidio e incluso daba consellos sobre cómo facelo. Koestler declarara máis dunha vez que tiña medo, no de estar morto, senón do propio proceso de morrer.

Semella que o sucidio é un feito asumido pola intelectualidade a pesares do repudio que tal feito ten. Lembremos que Xudas non se condenou por ter entregado a Xesús, senón por suicidarse. As cifras sobre o suicidio en España son alarmantes a pesares de que os medios de comunicación, opten por silenciar e minimizar estas cifras.

Lembro ó derradeiro filme que vira no desaparecido cine de Sanxenxo, o filme alemán Das leben der anderen (A vida dosoutros) dirixida Florian Henckel von Donnersmarck, na cal Ulrich Mühe, morto un ano despois, interterpretaba de xeito maxistal a Gerd Wiesler da Stasi (Ministerium für Staatssicherheit). A Wiesler lle encargaran a vixiancia de Sebastian Koch, un intelectual que pretendía publicar un artigo sobre a chamativa cifra de suicidios entre intelectuais na Alemaña Oriental, escribir sobre aquel tema considerábase unha actividade totalmente subversiva. Wiesler acaba solidarizándose con Sebastian Koch, pero recalquemos cómo o suicidio, tratar del, era un acto subversivo na Alemana Oriental, pero tamén o é hoxe na España do século XXI, cunhas cifras que pretenden ocultar debaixo da alfombra mentres de xeito machacante falan das mortes en accidentes de tráfico, que igualmente son unha desgraza, pero que representan unha cifra moi inferior.

A política de prevención do suicicio en España é un auténtico fracaso, xa que tratan os suicidas non como víctimas sociais, senón como víctimas dun mal patolóxico de tipo mental. O suicida sería un enaxenado que nuns deses intres de enaxenación acabarían ca súa vida, cando, moi pola contra, semella que os suicidas actúan na maioría dos casos precisamente en momentos de extrema, manifesta lucidez. Eran uns enaxenados mentais Otto Weininger, Stephan Sweig e Arthur Koestler? O compositor Robert Schumann, angustiado pola epidemia de cólera que asolaba Europa por esas datas (en onde lemos cólera podemos por Covid-19), intenta suicidarse o 27 de febreiro do 1854 arroxándose ó río Rin. Schumann é rescatado a tempo, pero foi admitido a petición propia nun hospital psiquiátrico en Endenich, cerca de Bonn, onde morre no 29 de xullo do 1856.

Ocultar os datos arredor dos suicidas ou tratalos como enaxenados mentais son a estratexia practicada polo goberno de España. Moito se fala da "asignatura pendente" da saúde mental, pero sí as súas receitas son dar pastillas do riso e encerrar en deleznables institucións psiquiátricas, que, aínda que lle trocaran de novo, seguen sendo manicomios, ós potenciais suicidas, é mellor que deixen de falar do tema como si realmente lles preocupara, xa que demostran unha total ignorancia do que é un suicida. Trátase, como na Europa asolada polo nazismo, como na Alemana Oriental retratada por Florian Henckel von Donnersmarck, dun problema social, tratalo como unha patoloxía mental é non saber dar solucións reais e facer un "parcheado", xa que é máis fácil receitar pastilliñas do riso e ingresar a xente totalmente cuerda en institucións mentais que levar a cabo reformas na sociedade.

Remato cunha cita do gran Alexandre Dumas, aínda que neste caso trátase dun executado e non dun suicida. Carlos I Estuardo en Vinte anos despois de Alexandre Dumas exprésaxe do seguinte xeito: "Chegou o momento de deixa-lo mundo. Señores, vos deixo no medio da tormenta e vos precedo na viaxe á patria na cal non se coñecen tempestades. Adeus" (Vinte anos despois, 2º vol, XXIV). Cando un, coma Carlos I Estuardo, atopa que vivir é atoparse no medio dunha tempestade e quere abandoar ese mundo, estamos ante un problema social, non ante un problema psiquiátrico. A sociedade debe facerse conscente do problema do suicidio, e pedir ós gobernos que ataquen ás causas de que unha persoa opte por quitarse a vida, tales como o acaso, a pobreza ou a discriminación. Convertir ó suicidio nun tabú non é unha solución nen para os suicidas nen para as súas familias e seres queridos. Quen trate de ver no suicidio un problema psiquiátrico e non social é algo peor que un igñorante, é un igñorante perigoso.