Despois de que vos fixerades eco da remodelación do parque infantil de Pintora Maruxa Mallo, igual que moitos medios locais, véxome tamén na obligación de denunciar aos medios que o fixeron público, o actual estado do mesmo
As obras de mellora comezaron alá polo mes de novembro cun prazo de finalización aproximado de dous meses, e actualmente está a medio facer (adxúntase fotos), é digno de admirar como despois de seis meses fixeron practicamente nada, convertendo unha zona de xogo, nun campo de minas vallado. Zona moi moi perigosa e impracticable.
A ver se o Concello, despois de ver estas denuncias, se facedes o favor de darnos voz os veciños, toma dunha vez en serio os nenos, nenas e familias do barrio da Parda.
Óscar Núñez Fernández