Alba Formoso Ramos presenta o seu libro 'Entre incienso y recuerdos'
Engadir ao meu calendarioPraza da II República, Vilagarcía (Caseta da libraría Planeta Mozo)
Praza da II República, Vilagarcía (Caseta da libraría Planeta Mozo)
A escritora Alba Formoso Ramos presenta a súa obra 'Entre incienso y recuerdos'
Será este sábado 13 de xuño ás 19:30 horas na caseta da libraría Planeta Mozo (Praza da II República), no marco da edición 2026 de "Vilagarcía, Cidade de Libro".
O evento, que se celebra do 8 ao 14 de xuño no Parque Miguel Hernández, volve consolidar a Vilagarcía de Arousa como o epicentro das letras galegas. Mantendo os seus acenos de identidade, o programa reúne a figuras consagradas do panorama literario xunto a autores noveis, propiciando un espazo onde os escritores intercambian experiencias e interactúan directamente co público.
Alba Formoso Ramos, quen dirixe desde hai once anos TALKK, unha Escola de Comunicación, Oratoria e Debate, debuta con esta novela no ámbito da narrativa.
Publicada baixo o selo de Hércules de Ediciones,' Entre incienso y recuerdos' afástase da estrutura clásica do romance para profundar no "espertar emocional" e as cicatrices que deixa o primeiro amor intenso. En palabras da propia editorial, non se trata só dunha historia
de amor, senón dunha profunda investigación sobre "o que queda cando xa non hai corpo, só memoria".
A trama segue a historia de Alicia e Mario, dous mozos que constrúen un universo de complicidade a través de cartas e silencios, ata que un xiro inesperado do destino obriga á protagonista a reformularse a súa existencia. A obra explora conceptos complexos como os espellismos do amor romántico, o duelo e a procura da identidade cando o vínculo físico desaparece e só queda o recordo.
Praza da II República, Vilagarcía (Caseta da libraría Planeta Mozo)
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

UNED de Pontevedra