Presentación do libro "Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes", de Alba Rodríguez Saavedra.

O acto celebrarase este xoves 11 de xuño, ás 19.00 horas, na Libraría Metáfora.

Acompañando á autora estará a xornalista Claudia Morán.

Alba Rodríguez Saavedra é tradutora e editora técnica en Afundación, e integrante do Grupo de Investigación en Tradución e Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo. A súa tese, dirixida polo profesor Alberto Álvarez Lugrís, analiza a manipulación sincrónica e diacrónica nos procesos de tradución e paratraducción das entidades femininas senlleiras nas tradicións orais galega e irlandesa.

En paralelo, estuda e reivindica a silenciada contribución ao polisistema galego de Ruth Matilda Anderson, a quen traduciu en 2009 para o libro Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia, publicado por Afundación. En 2020 deu a coñecer en Viceversa que o maior número de traducións de textos de Rosalía de Castro ao inglés ata 1964 son da autoría da investigadora estadounidense e, desde entón, Anderson centra os seus artigos e comunicacións en congresos.

Librería Metáfora, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos