Armadiña Rock en Combarro
Engadir ao meu calendarioPraza da Chousa, Combarro. Poio
Praza da Chousa, Combarro. Poio
O festival Armadiña Rock, que conta con máis de 10 anos de experiencia, reunións e vivencias; celebra a súa nova edición os días 3, 4 e 5 de xullo en Combarro, na praza da Chousa, Poio.
Talento local e internacional conviven no escenario durante os días do festival.
Programación do Venres, 3 de xullo: Rager, Ruxe Ruxe, Lisdexia e Orquestra Bravú Xangai.
Como en edicións anteriores levará a cabo o Concurso de Decoración Mariñeira e habilitarase unha zona de acampada que, do mesmo xeito que os concertos, será gratuíta.
O Armadiña Rock tamén pensa nos máis pequenos habilitando o Espazo Armadiña Crianzas, que contará cun taller de Eco percusión, unha representación teatral a cargo de Migallas Teatro e un concerto infantil protagonizado pola banda Terapia de Grupo Kids.
Pola súa banda, a batucada Os Queimatasas e as Pandereteiras de Ronsel e Armadiña encargaranse da nota musical, a animación popular e amenizarán as rúas.
Praza da Chousa, Combarro. Poio
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa, Bueu

Parque da Xunqueira, Vilagarcía de Arousa