Exposición: "ADEGA: 50 anos coidando a terra"
Engadir ao meu calendarioParque da Xunqueira, Vilagarcía de Arousa
Parque da Xunqueira, Vilagarcía de Arousa
O Parque da Xunqueira, en Vilagarcía de Arousa, acolle a mostra organizada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) para conmemorar que se cumpren 50 anos da súa fundación.
A mostra recorre, a través de 16 paneis con fotos e imaxes, os principais fitos do movemento ecoloxista galego nas últimas cinco décadas, o colectivo pretende continuar concienciando á poboación sobre a necesidade de coidar o medio no que vivimos e de loitar contra as agresións que sofre.
"ADEGA: 50 anos coidando a terra" é o título da exposición que inclúe a recreación evocadora dos bidóns radioactivos vertidos na Fosa Atlántica entre os anos 1949 e 1982, lembrando a loita en contra e a prohibición definitiva desta actividade, pero tamén evocando os depósitos tóxicos, inflamábeis e corrosivos que no 1987 levaba o cargueiro Casón a varar nas costas de Fisterra.
Ademáis hai textos, imaxes e contidos divulgativos recollidos nas caras dos tótems cúbicos que actúan como soporte, deseñados integramente con materiais reutilizados.
A temática dos paneis vai dende as orixes e formación de ADEGA á importancia de organizarse en defensa do planeta, pasando polo valor do voluntariado activo. Tamén se reserva un espazo para advertir da necesidade da educación ambiental e se tratan as problemáticas máis comúns en Galicia a través dos riscos existentes e das campañas de loita emprendidas polos colectivos ecoloxistas.
Os lumes e a planificación forestal, as verteduras radioactivas no Atlántico, a ameaza continúa das celulosas, os eólicos, as catástrofes mariñas coma as do Casón e o Prestige, a campaña antinuclear de Xove ou a actividade extractiva sen control son algúns dos temas bordados por ADEGA nesta mostra.
Parque da Xunqueira, Vilagarcía de Arousa
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa, Bueu

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra