Brais Lamela presenta o seu libro 'A lingua estranxeira' (Editorial Galaxia).

Será este mércores 8 de xullo, ás 19:00 horas, na libraría Paz.

O autor estará acompañado da libreira Cynthia Menéndez. 

A medio camiño entre a crónica íntima e a novela histórica, pero sempre ancorada no noso precario presente político, A lingua estranxeira é unha novela sobre a arte e a restitución, sobre a sombra alongada da violencia colonial, sobre a linguaxe como forma de arruinar e recompoñer mundos. Unha obra polifónica e valente, sostida mediante a alternancia de catro liñas narrativas, que mestura tradicións para erixir, nas fronteiras da literatura, o país impuro dos sen-nome

Lamela, Brais. (Vilalba, 1994) estudou Literatura Comparada na Universidade de Brown (Rhode Island, EUA), grazas a unha bolsa de estudos. A súa primeira novela, Ninguén queda (2022), acadou o Premio da Crítica en Lingua Galega e o Premio El Ojo Crítico de RNE á mellor obra de narrativa escrita por un autor español menor de corenta anos. A lingua estranxeira é a súa segunda novela.

Libraría Paz, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos