Carlos Sobera e Ángel Pardo presentan 'Inmaduros' en Pontevedra
Engadir ao meu calendarioAuditorio Sede Afundación de Pontevedra
Auditorio Sede Afundación de Pontevedra
O Auditorio Sede Afundación de Pontevedra acolle este venres 12 de xuño, ás 20.30 horas, unha divertida historia protagonizada por dous homes que, pasados os 50, seguen sendo absolutamente inmaduros.
Con Carlos Sobera e Ángel Pardo á fronte dun elenco de seis intérpretes, a obra, titulada ‘Inmaduros’, expón de forma amena temas como as diversas formas de relacionarse.
‘Inmaduros’ é unha comedia divertida e reflexiva sobre a amizade, o amor e a inmadurez en persoas que superan os 50 anos, que lles fará pensar nas novas formas de relación que existen hoxe en día.
Dirixida por Juan Luis Iborra e producida por Arequipa Producciones, a obra conta con un elenco destacado formado por Carlos Sobera, Ángel Pardo, Elisa Matilla, Lara Dibildos, Sílvia Vacas e Arianna Aragón.
Sinopse: Alfi e Fideo son amigos de sempre, pero moi diferentes. Alfi é un publicista separado e afastado de calquera compromiso, salvo coa súa casa intelixente. Fideo, psiquiatra conservador, está casado desde hai 25 anos. Tras separarse, busca en Alfi consolo, que lle organiza citas con catro mulleres reais para sacalo da súa melancolía.
Estas mulleres, xunto cunha virtual, farán que os dous descubran a importancia do feminino nas súas vidas.
Auditorio Sede Afundación de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

UNED de Pontevedra