O centro de atención diúrna que COGAMI ten en Monte Porreiro estrea a obra de teatro 'Se o sei, non veño'.

Terá lugar este venres 3 de xullo, ás 11:30 horas, no Centro Cultural de Monte Porreiro.

Esta iniciativa cultural é o resultado do traballo, esforzo e ilusión das persoas participantes do centro de atención diúrna para persoas con discapacidade física, que durante meses prepararon esta representación coa dirección e acompañamento do voluntario José Manuel Lareu, profesional cunha ampla traxectoria no ámbito escénico.

Centro Cultural de Monte Porreiro, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos