O Concello de Poio organiza cine ao aire libre en Combarro coa proxección da película 'Rondallas'.

Será este venres 19 de xuño, na Praza da Chousa, ás 22:30 horas.

É unha actividade aberta ao público.

A iniciativa enmárcase na programación cultural e busca achegar o cinema a todos os públicos nun formato accesible e nun contorno privilexiado.

Dirixido por Daniel Sánchez Arévalo e protagonizado por un elenco de recoñecidos actores galegos como María Vázquez, Javier Gutiérrez ou Tamar Novas, Rondallas arranca en A Guarda dous anos despois do tráxico naufraxio dun barco pesqueiro. A veciñanza decide que é momento de recuperar a ilusión e deixar o loito atrás. Para iso volven unirse para poñer en marcha a rondalla, unha agrupación de música tradicional na que participan persoas de todas as idades, dende nenos ata maiores, coa intención de competir nun concurso contra os pobos veciños, pero sobre todo de volver mirar cara adiante.

Praza da Chousa, Combarro. Poio

Máis eventos

Ver máis eventos