Concerto da Aula de Música Tradicional do Campus de Pontevedra
Engadir ao meu calendarioPraza de España, Pontevedra
Praza de España, Pontevedra
A Aula de Música Tradicional do Campus de Pontevedra leva a cabo, ao longo do mes de xuño, unha serie de actuacións en diferentes prazas da cidade.
Este luns 22 de xuño, ás 20.30 horas, acturarán na Praza de España.
Promovido pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, o ciclo péchase nesta xornada cun concerto no que as preto de 40 persoas que integran esta aula interpretan un repertorio baseado en pezas tradicionais e populares acompañados por diferentes agrupacións.
Concretamente, tomarán parte nesta actuación a Escola de Instrumentos Populares Galegos Suso Vaamonde de Caldas de Reis, a Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Outes, a asociación A Fuliada de Betanzos e a asociación Hai que Roelo de Cuntis.
Praza de España, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

UNED de Pontevedra