Concerto da Coral Polifónica de Pontevedra
Engadir ao meu calendarioEdificio Castelao do Museo de Pontevedra
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra programou un concerto da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra, con motivo da exposición 'Castelao. A derradeira leición do mestre'.
Será este sábado 27 de xuño, ás 19:00 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
A agrupación centenaria ofrecerá un programa con polifonía renacentista e profana, música sacra e canción galega, baixo a dirección de Nanette Sánchez Ordaz.
O acceso é libre ata completar a capacidade.
Nos primeiros anos da Sociedad Coral Polifónica coincidiron Alfonso Daniel R. Castelao, que chegou a ser o seu presidente entre 1929 e 1932, e Alexandre Bóveda. Foi un dos espazos nos que cultivaron a súa amizade, que se desenvolveu logo nunha militancia política compartida liderando o Partido Galeguista.
O 17 de agosto de 1936, Bóveda foi asasinado polo bando sublevado e en 1945 Castelao púxolle o seu rostro ao fusilado que aparece en 'A derradeira leición do mestre', identificándoo como mártir galego e converténdoo en símbolo da barbarie.
A coincidencia de ambos na Polifónica explica a programación deste concerto que se pechará con ‘A Castelao’, unha composición de Xosé Carlos Seráns a partir dun poema de Manuel María. Soarán ademais cancións harmonizadas a partir de letras populares e poemas de Rosalía de Castro, Álvaro de las Casas ou Curros Enríquez.
A coral interpretará tamén temas sacros e profanos que van dos séculos XIV ao XX.
Actuarán como solistas as sopranos Pilar Baamonde Lusquiños e Pilar García Pinal e o tenor Rafael Senn González.
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

UNED de Pontevedra