Concerto de Europe no Sachaso Rock
Engadir ao meu calendarioDena, Meaño
Dena, Meaño
A lendaria banda de rock Europe estará á fronte do cartel da sétima edición do Sachaso Rock, unha das ofertas musicais do Festival Son do Mar.
Actuarán en Meaño, o novo escenario para este evento -que xa pasou polo Grove e Cambados-, este 25 de xullo.
Será unha ocasión única, subliñan desde o festival, para gozar da banda sueca liderada por Joey Tempest, unha das máis populares do rock metal europeo.
Éxitos como The Final Countdown, Carrie, Rock To Night, Cherokee ou Superstitious soarán en Meaño nun concerto que promete non deixar a ninguén indiferente.
Europe, que logrou o recoñecemento internacional na década dos 80, segue en plena forma, actuando nas principais cidades do mundo.
Ao longo da súa traxectoria levan vendidos máis de 100 millóns de discos e recibiron innumerables premios.
"Somos diferentes e temos artistas diferentes que non se repiten noutros festivais de Galicia", subliña Virvi Fraga, coordinador do Festival Son do Mar.
Ademais de Europe, este sétimo Sachaso Rock contará ademais coa banda galega Bala, formada por Violeta Mosquera e Ánxela Baltar; herdeira do mellor punk rock americano.
Dena, Meaño
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

Multiusos da Praza de Abastos de Marín