Pub Bazaar Music Room acollerá este venres 26 de xuño o concerto de 'Purple'.

Purple é unha banda de versións cun extenso e variado repertorio.

Reproducen de forma fiel, tanto en son como en execución, unha gran variedade de temas, desde grupos como Beatles ou U2, pasando por sons como Oasis ou Franz Ferdinand, clásicos do pop/rock español como MClan, El Último de la Fila ou Leiva, ata propostas máis actuais como Ed Sheeran ou Arde Bogotá.

A apertura de portas está prevista para as 23.45 horas e o concerto comezará ás 23.59 horas.

A entrada será gratuíta até completar cabida.

Pub Bazaar, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos