Concerto da soprano Bonnie Cooper e o seu coro infantil
Engadir ao meu calendarioRúa Sierra, fronte á Praza de Abastos. Pontevedra
Rúa Sierra, fronte á Praza de Abastos. Pontevedra
Este sábado 13 de xuño, ás 12:00 horas, a rúa Serra, fronte á Praza de Abastos, será o escenario dun concerto especial organizado pola soprano Bonnie Cooper xunto ao seu coro infantil, formado por nenos e nenas de entre 4 e 13 anos.
A actividade servirá para adiantar a celebración do Día Mundial da Música, que se conmemora cada ano o 21 de xuño, achegando a música a veciños, visitantes e familias nunha contorna emblemática do centro histórico.
Durante o concerto, os mozos coralistas interpretarán un repertorio de cancións tradicionais procedentes de distintos recunchos do mundo, ofrecendo ao público unha viaxe musical a través de diferentes culturas, linguas e tradicións.
A actuación porá de relevo o valor educativo e social da música, así como a importancia de fomentar o talento artístico desde idades temperás.
Ademais, a soprano Bonnie Cooper compartirá cos asistentes unha breve introdución á ópera francesa, achegando este xénero musical ao gran público dunha forma didáctica e amena.
Xunto a ela participará a actriz e cantante francesa Lisa Vitorino, que interpretará pezas da canción francesa.
A iniciativa, promovida en colaboración co CCU Zona Monumental, busca dinamizar o centro histórico a través da cultura e converter o espazo público nun lugar de encontro para gozar da música en directo.
A organización convida a toda a cidadanía a participar nesta celebración aberta e gratuíta, que promete encher de voces, emoción e diversidade cultural unha das zonas máis emblemáticas da cidade.
Rúa Sierra, fronte á Praza de Abastos. Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

UNED de Pontevedra