O Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra será escenario este sábado, 13 de xuño, ás 11.30 horas, da entrega da sétima edición dos Premios Mil Primaveras.

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) para recoñecer e dar visibilidade a proxectos destacados na promoción e posta en valor da lingua galega.

Durante o acto distinguiranse as iniciativas As chaves da lingua, Comando Le: grupo de activismo cultural de Espazo Lectura, promovido pola Asociación Espazo Lectura; O Dépor é da Coruña, do IES Rafael Dieste da Coruña; e Revolta Galega, desenvolvido polo CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños.

A cerimonia contará ademais coa actuación musical de Iseo a Moura.

Os Premios Mil Primaveras teñen como obxectivo destacar experiencias innovadoras e exitosas no ámbito da normalización lingüística, contribuíndo á súa difusión e proxección social.

Pazo da Cultura de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos