Festa dos libros
Engadir ao meu calendarioPraza da Ferrería, Pontevedra
Praza da Ferrería, Pontevedra
Pontevedra acolle a primeira fin de semana de xullo a novena edición da Festa dos Libros, que encherá a carpa da praza da Ferrería de literatura, encontros arredor da lectura e propostas culturais para todos os públicos.
A programación deste domingo 5 de xullo arrancará cunha destacada presenza da literatura para os máis pequenos.
O domingo 5 comezará cunha nova proposta para público familiar. Pablo Rumoroso abrirá a programación cunha sesión de contacontos con sorpresa baseada en Unha rosquilla no parque (Canica Books). A continuación, Nacho Rubio desenvolverá unha sesión de contos e ilustración arredor da súa obra Os nenos porcalláns (Pepa a Loba Editora).
Ás 12.30 h celebrarase o tradicional Vermú Literario de Pinto e Maragota arredor da obra gañadora da quinta edición do premio pola diversidade sexual e de xénero, As esquinas (Xerais), de Miguel Calvo Marques. O encontro contará coa participación de Sara Vila, escritora e membro do xurado, e da concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, e estará amenizado por Hugo Andrade DJ.
Xa pola tarde, ás 18.15 h, Arturo Lezcano falará de O país invisible (Libros del K.O.), Juan de Sola de Entre los muros del olvido (Libros del Futuro) e Valentín Carrera de El mundo desde abajo. La odisea australiana de Rosendo Salvado (Editorial Folch & Floch), obra gañadora do I Premio Altaïr de Literatura de Viaxes. Os tres autores dialogarán sobre a crónica, a memoria e a viaxe nun encontro moderado pola xornalista Laura Fresneda.
Ás 19.15 h tomarán o relevo José Ignacio Carnero, que presentará Os fabuladores (Aira Editorial, con edición en castelán en Random House), e Francisco Narla, un dos autores galegos de maior proxección no ámbito da novela histórica, que achegará Ultreia e Suseia (Editorial Istoría. Grupo Planeta). O xornalista cultural Alfredo López Penide conducirá este faladoiro.
A clausura da novena edición da Festa dos Libros, ás 20.15 h, contará coa participación de dúas das autoras de maior éxito do panorama actual: Arantza Portabales, referente da novela negra galega contemporánea, que presentará Asasinato no muíño do cura (publicada en galego por Editorial Galaxia e en castelán por Lumen), e María Oruña, unha das voces máis destacadas da narrativa de misterio e suspense, que falará da súa novela La Cámara de las Maravillas (Plaza & Janés), nun encontro moderado polo xornalista Álex Espiño.
Praza da Ferrería, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa, Bueu

Parque da Xunqueira, Vilagarcía de Arousa