Javier Gil presenta o seu libro 'Generación inquilina'
Engadir ao meu calendarioFacultade de Belas Artes, Pontevedra
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
O escritor Javier Gil presenta o seu libro 'Generación inquilina'.
Será este xoves 18 de xuño, ás 19.30 horas, na Facultade de Belas Artes.
O autor estará acompañado do xornalista cultural Ramón Rozas.
Javier Gil. Madrid (España), 1985. Investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e doutor en Socioloxía pola UNED, Gil foi investigador posdoctoral no Institute for Housing and Urban Research da Universidade de Uppsala (Suecia) e no Departamento de Socioloxía II da UNED.
O seu traballo céntrase no estudo da financiarización da vivenda, a socioloxía urbana, as políticas de vivenda, as plataformas dixitais e os movementos sociais ao redor do dereito á vivenda.
Participou en proxectos de investigación nacionais e internacionais sobre esta cuestión e actualmente dirixe no CSIC o proxecto "A nova economía política da vivenda: megacaseros globais, xeración inquilina e política de vivenda".
Esta actividade está organizada pola Libraría Paz en colaboración coa Asociación pola defensa da Ría.
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

UNED de Pontevedra