O escritor Jesús Carrasco visita Pontevedra para presentar o seu último traballo 'El detalle'.

Será este mércores 10 de xuño, ás 19:30 horas, na libraría Cronopios.

O autor será entrevistado pola xornalista Susana Pedreira.

'El detalle' (Seix Barral, 2026), é unha novela onde ofrece unha estampa mordaz dunha época dominada pola présa e a falta de atención e confróntaa cunha relación de parella que, tras anos de convivencia, debería apoiarse precisamente no contrario: a maduración lenta e consciente dun amor construído a partir do coidado, a escoita e a implicación.

Jesús Carrasco segue explorando os conflitos da vida doméstica internándose esta vez no corazón dunha parella na que un xesto mínimo terminará converténdose nunha proba decisiva. E faio coa súa habitual precisión no uso da linguaxe á que suma un sentido do humor tan fino como incisivo, confirmando así a súa capacidade para transformar o cotián nun territorio de revelación moral e literaria.

Jesús Carrasco naceu en Olivenza (Badaxoz) en 1972. A súa primeira novela, 'Intemperie' (Seix Barral, 2013), consagrouno como un dos debuts máis importantes do panorama literario internacional.

Libraría Cronopios, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos