Francisco X. Fernández Naval (Ourense, 1956) regresa á poesía con "Val tan doce e sombrío", publicado pola editorial Kalandraka na súa colección Tambo. 

Será este luns 22 de xuño, ás 19:00 horas, na Libraría Paz.

Cunha longa e moi diversa biografía literaria, Francisco X. Fernández Naval, publicou os seus dous últimos libros no ano 2023: Ser cetáceo, (Bululú), un libro cunha sorprendente aproximación ao mundos dos cetáceos; e Mar de Lira, un libro que supoña a revisión dun poemario anterior co mesmo título cunha xeografía moi relacionada coa biografía vital do escritor.

Val tan doce e sombrío é o resultado da experiencia do seu autor, Fernández Naval describe o poemario como a experiencia de coidado ao longo de cinco anos dunha nai polo seu fillo. Durante ese tempo, explica o escritor, “esa nai quedou cega e venceuna o alzheimer”. O libro sinala que esta nai protagonista “sufriu dúas cegueiras” por causa das enfermidades.

Con este punto de partida, Naval sinala que no libro os poemas son “luminosos” e considera que o que pervive “é o amor” e tamén unha relación coa natureza, “cos paxaros, co bosque, co río, co sol e coa lúa”.  Val tan doce e sombrío nace da “relación de todas as cousas e aínda que esa nai teña protagonisto ao longo dos poemas, este é un libro de acompañamento”.

Libraría Paz, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos