A Deputación de Pontevedra leva este venres 12 de xuño á Lama a nova edición do circuíto +Escénicas, co espectáculo "Molto barroco", da man da compañía Píscore Teatro.
"Molto barroco" se representará ás 11:30 horas no CEIP A Lama, e fai un percorrido pola música barroca acompañado de escenas cómicas.
O espectáculo está ambientado nunha corte real europea de mediados do século XVIII, habitada polo rei, a raíña, o bufón e un compositor que se reúne nunha pequena estancia con tres dos seus músicos para sacar adiante os encargos musicais do monarca.
CEIP A Lama