A Deputación de Pontevedra leva este xoves 30 de xullo ata Cambados o concerto de Mondra, enmarcado na nova edición de +Música.

A actuación terá lugar na Praza de Fefiñáns ás 23:00 horas.

Mondra está a xirar co espectáculo que leva ao directo o seu segundo traballo discográfico, De ronda.

É un novo traballo autoral do cantareiro e bailador, en diálogo constante con elementos propios da tradición oral galega, que fala do amor propio, da comunidade e do valor da mocidade.

Baixo a dirección artística do bailarín e coreógrafo Daniel Rodríguez, mestura a música en vivo, a danza e unha sofisticada e visual posta en escena.

Sobre o escenario, Mondra está acompañado por Artur Puga, Julia Sánchez-Biezma, Xabi Gómez e Saínza Piñeiro, que conforman a banda, e Sabela Domínguez e Jandros Rodríguez, como intérpretes de danza.

+Música é o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas.

Praza de Fefiñáns, Cambados

Máis eventos

Ver máis eventos