Conferencia de José Luis Varela Alén e proxección de "Roma, 1974"
Engadir ao meu calendarioEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
O Museo de Pontevedra acolle este venres 19 de xuño a segunda das dúas xornadas que forman o seminario 'Tecendo pinturas. As artes de Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas', un espazo para a análise destes dous artistas que se desenvolve en paralelo á exposición sobre a obra de ambos que se pode visitar no Museo ata o 28 de xuño.
Desde as 18:00 horas no Edificio Castelao terá lugar a conferencia de José Luis Varela Alén sobre a traxectoria de Agustín Pérez Bellas como arquitecto, e a proxección de "Roma, 1974", unha peza audiovisual de Beatriz Ruibal que presentará a propia artista.
O seminario está dirixido por Cristina Villaverde Ruibal, comisaria da exposición. O acceso é libre.
Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en [email protected].
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

UNED de Pontevedra