Obradoiro para comprobar as emocións que provoca a arte
Engadir ao meu calendarioEdificio Castelao. Museo de Pontevedra
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Esta actividade consiste nun obradoiro de ciencia cidadá denominado "Subtitulado emocional: son as emocións da arte aínda universais?", que pretende indagar nas sensacións que causa unha obra artística no público.
As persoas participantes realizarán un percorrido participativo deseñado para observar, reflexionar e crear etiquetas en común en relación con determinadas obras do Museo de Pontevedra.
Trátase dun proxecto no que colabora a Deputación de Pontevedra coa Universidade de Santiago de Compostela destinado a público a partir dos 16 anos de idade.
É necesario inscribirse a través do correo electrónico [email protected].
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

UNED de Pontevedra