A autora pontevedresa Lucía Román Eyo presenta a súa primeira novela"El linaje del cormorán".

Será este sábado 27 de xuño, ás 12:30 horas, na Libraría Paz de Pontevedra.

Publicada por Aliar Edicións, a obra transporta ao lector ao reino de Korimel, un territorio marcado por intrigas, desafíos e segredos ancestrais. A desaparición do rei Vortir desencadea unha aventura na que o príncipe herdeiro Arnir deberá enfrontarse a acontecementos que porán a proba a súa valentía e a súa capacidade para asumir responsabilidades.

A través dunha narración que combina fantasía, aventura e reflexión, Lucía Román Eyo constrúe un universo literario no que teñen cabida temas como o poder, a identidade, o respecto pola contorna e as consecuencias das decisións humanas.

A autora compartirá cos asistentes o proceso de creación da novela, as inspiracións que deron orixe á historia e os detalles da construción do mundo de Korimel. O acto concluirá cun encontro cos lectores e unha firma de exemplares.

Libraría Paz, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos