A Misión Biolóxica de Galicia presenta o libro "Misión Biolóxica de Galicia 1921-2021: 100 anos investigando", un volume conmemorativo escrito polo persoal que traballa neste centro.

Como actividade complementaria á presentación, terá lugar a mesa redonda "105 anos xerando coñecemento científico na MBG: unha visión ao pasado con perspectiva de futuro".

A presentación terá lugar este xoves 25 de xuño, no Mercado de Abastos de Pontevedra, ás 18: 30 horas.

Intervirán Pura Fernández, vicepresidenta adxunta de Cultura Científica e Ciencia Cidadá do CSIC e directora de Editorial CSIC; Elena Cartea, vicepresidenta adxunta de Áreas Científico-Técnicas do CSIC, exdirectora da MBG e coordinadora da publicación xunto con Javier Rey Campos Rafael Zas, director da MBG.

Mercado de Abastos de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos