O balcón do Concello de Vilagarcía xa luce as cores da bandeira arco iris como preludio das actividades do programa Vilagarcía Diversa e Orgullosa, que se desenvolverán durante a fin de semana para celebrar a data nun marco festivo, de respecto e tolerancia.

A proxección da película "Maspalomas" e un espectáculo de rúa a cargo de Nelson Quinteiro son os actos organizados este ano pola área de Igualdade con motivo do 28 de xullo, Día do Orgullo LGTBIQ+.

O venres 26 será a proxección no Salón García de "Maspalomas", o drama dirixido por José Mari Goenaga e Aitor Arregi que o ano pasado figurou entre os títulos con máis nominacións dos festivais de cine de toda España e que elevou a carreira de José Ramón Soroiz, que acadou o Goya, o Feroz, o Forqué e a Concha de Ouro en San Sebastián na modalidade de mellor actor.

A sesión comeza ás 20:30 horas e a entrada é libre e de balde ata completar a capacidade. 

E Nelsón Quinteiro será o encargado de encher de cor e de alegría as rúas da cidade o sábado a mediodía co animado espectáculo de rúa para conmemorar o Día do Orgullo mediante unha posta en escena reivindicativa e festiva.

Co título "A Xente da Vila", os actores interpretarán temas icónicos do movemento LGTBIQ+ ao ritmo de instrumentos tradicionais. Será entre as 12:30 e as 14 horas.

Salón García de Vilagarcía de Arousa

Máis eventos

Ver máis eventos