Proxección de 'Matria' e coloquio co seu director, Álvaro Gago
Engadir ao meu calendarioBiblioteca de Marín
Biblioteca de Marín
O Cineclub Marín celebrará os días 18 e 19 de xuño un novo ciclo dedicado ao director vigués Álvaro Gago, centrado no universo cinematográfico de Matria e na construción das personaxes femininas na súa filmografía.
O ciclo contará coa presenza do propio Álvaro Gago durante a xornada do xoves 18 de xuño, onde se desenvolverá unha charla-coloquio aberta ao público.
Ambas sesións darán comezo ás 20:00 horas e serán de balde ata completar aforo.
O xoves, 18 de xuño, a proxección da longametraxe de 2023 contará coa presenza do director. Posteriormente realizarase unha charla-coloquio sobre a análise das personaxes femininas na filmografía de Álvaro Gago.
Nesta sesión abordarase a representación da muller traballadora, os coidados, as relacións familiares e a construción das personaxes femininas que articulan o universo cinematográfico do director.
O venres, 19 de xuño, será o turno da proxección da curtametraxe de 2017, por parte de Marín de Cine.
Posteriormente, na charla-coloquio falarase da análise sobre a evolución cinematográfica de Matria da curta á longa.
Realizarase un percorrido pola transformación do proxecto desde a curtametraxe de 2017 ata a longametraxe de 2023, analizando os cambios narrativos, estéticos e dramáticos que permitiron ampliar o universo da protagonista.
Biblioteca de Marín
Máis eventos
Ver máis eventos
Café Moderno de Pontevedra

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

UNED de Pontevedra